Evento: Cinema Marabillas, Ver para ler

Cinema Marabillas, Ver para ler
sábado, 27 decembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Cinema Marabillas, Ver para ler

Espectáculo con Raquel Queizás

Celebramos o Día Mundial do Cine co Cinema Marabillas, Ver para ler  da man de Raquel Queizás.

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.

O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e ás súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras, que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le. 

Alicia no País das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas. Reflicten as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente… Estas historias nacen dentro de nós cando somos crianzas. A unha nena, a un neno gústalles vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas…

Para público familiar.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia