Evento: Os fabulosos CLEANERS

  • os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
domingo, 12 abril, 2026 - 18:00
Multiúsos da Xunqueira,
Redondela

Os fabulosos CLEANERS

Espectáculo de teatro a cargo de Malasombra Producións

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra.

Sinopse:

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes,  estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo para todas as idades, creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

facendo o indio
Facendo o indio
15 de marzo, 17:00
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
15 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra
mago rafa
Imposible!?
15 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
os_contos_de_lobican
Os contos do Lobicán
15 de marzo, 18:00
Multiusos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra