Evento: Contacontos “O cociñeiro Martiño“, con Iago López

Contacontos “O cociñeiro Martiño“, con Iago López
sábado, 7 xaneiro, 2023 - 12:00
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela

Contacontos “O cociñeiro Martiño“, con Iago López

Sesión de contos para público infantil na biblioteca Ánxel Casal.

Sesións de contos para público infantil na biblioteca Ánxel Casal, todos os sábados ás 12:00
Sábado 7 de xaneiro ás 12.00h no salón de actos.Contacontos “O cociñeiro Martiño“ da man de Iago López.No palacio real andan buscando a alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 14 de xaneiro ás 12.00h no salón de actosContacontos “O Universo Verso “ da man de Chus Álvarez.O Universo Verso está habitado por poemas que falan distintas linguas. Uns riman e outros non, pero todos saben a poesía. Queredes descubrilos? Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 21 de xaneiro ás 12.00h no salón de actos.Contacontos “Contos na lareira“ da man de Iván DavilaO meu avó contábame historias ao carón dunha lareira e a día de hoxe aínda non teño a certeza de canto había de real nelas.Sabes como vivía a xente antes de que existise a internet? Coñeces ás criaturas que habitan nos nosos bosques? Cres na maxia? Descobre historias tradicionais repletas de chiscadelas ao presente! ‘Contos na lareira’ é un espectáculo de narración oral que inclúe a manipulación de obxectos e a participación do público. Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflitos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.Sábado 28 de xaneiro ás 12.00h no salón de actosContacontos ilustrado "De cando María Antonia Dans decidiu ser pintora" a cargo de Polo Correo do Vento.Unha homenaxe a María Antonia Dans, artista homenaxeada polo Día da Ilustración. Nesta actividade contaremos e debuxaremos unha adaptación para o público infantil e familiar da biografía da pintora galega. . Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés