Evento: A pluma viva de Rosalía

A pluma viva de Rosalía
venres, 19 decembro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A pluma viva de Rosalía

Espectáculo con Os Quinquilláns

Pechamos a programación de actividades para conmemorar o Día da Edición, co espectáculo “A pluma viva de Rosalía” da man de Os Quinquilláns. Baseado nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro acontecido en 1864, cando a Imprenta de Soto e Freire de Lugo foi destrozada por 200 seminaristas que se opoñían á publicación dun artigo de Rosalía titulado “El Codio“.

Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire. Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra...

Espectáculo destinado a público adulto.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.  

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés