Evento: Carlos Montero & Adolfo Alonso Ares

Carlos Montero & Adolfo Alonso Ares
martes, 15 novembro, 2022 a martes, 6 decembro, 2022
Praza do Toural, 9, 1º,
Santiago de Compostela

Carlos Montero & Adolfo Alonso Ares

A galería de arte contemporánea José Lorenzo continúa coa súa programación expositiva da nova tempada, coa presentación dunha mostra dobre individual dos artistas Carlos Montero e Adolfo Alonso Ares.

A galería de arte contemporánea José Lorenzo continúa coa súa programación expositiva da nova tempada, coa presentación dunha mostra dobre individual dos artistas Carlos Montero e Adolfo Alonso Ares.Carlos Montero (Lugo, 1946) arquitecto, artista multidisciplinar, debuxante, pintor e novelista, preséntanos unha colección moi rica en diferentes formatos e soportes, con especial protagonismo dunha obra sobre papel repleta de fantasías, escenas fantásticas e abigarradas, e personaxes literarios envoltos nas “sátiras e diatribas” que, en palabras do autor, compoñen o universo pictórico de Montero.Adolfo Alonso Ares (Astorga, 1946), será o outro protagonista no espazo do Toural. Pintor e poeta, Alonso Ares encarna de maneira paradigmática a figura do artista total, cunha frenética actividade expositiva en España e toda Europa, e a publicación de decenas de libros.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona