Evento: Carlos Montero & Adolfo Alonso Ares
Carlos Montero & Adolfo Alonso Ares
A galería de arte contemporánea José Lorenzo continúa coa súa programación expositiva da nova tempada, coa presentación dunha mostra dobre individual dos artistas Carlos Montero e Adolfo Alonso Ares.Carlos Montero (Lugo, 1946) arquitecto, artista multidisciplinar, debuxante, pintor e novelista, preséntanos unha colección moi rica en diferentes formatos e soportes, con especial protagonismo dunha obra sobre papel repleta de fantasías, escenas fantásticas e abigarradas, e personaxes literarios envoltos nas “sátiras e diatribas” que, en palabras do autor, compoñen o universo pictórico de Montero.Adolfo Alonso Ares (Astorga, 1946), será o outro protagonista no espazo do Toural. Pintor e poeta, Alonso Ares encarna de maneira paradigmática a figura do artista total, cunha frenética actividade expositiva en España e toda Europa, e a publicación de decenas de libros.