Evento: Obra completa de Manuel Antonio
Obra completa de Manuel Antonio
A Fundación Barrié e a Real Academia Galega presentan o derradeiro volume da Obra Completa do poeta Manuel Antonio, coa presenza do alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, o director da Fundación Barrié, Javier López Martínez e o académico e editor literario da obra, Xosé Luis Axeitos.
Coa aparición de Epistolario conclúe a publicación da Obra Completa de Manuel Antonio. Así, coa publicación de Prosa, Poesía e Epistolario, volumes editados pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega dentro da colección Clásicos da Academia, ponse en mans dos estudosos e dos lectores en xeral unha edición guiada pola máxima atención á vontade orixinal do poeta.
Coa presentación da Obra Completa do poeta Manuel Antonio, arrancan Catro Singraduras en honra de Manuel Antonio, nos que se homenaxea ó autor de De catro a catro.



