Evento: Carballo. Guía ilustrada de arquitectura

Carballo. Guía ilustrada de arquitectura
mércores, 30 marzo, 2022 a sábado, 30 abril, 2022
Museo de Bergantiños,
Carballo

Carballo. Guía ilustrada de arquitectura

Exposición de Xaime Diaz Alonso.

Ademais do almanaque de mesa co que empezamos o 2022, o skyline que publicamos o 14 de febreiro ou o libro presentado días atrás, o traballo de recompilación e divulgación do noso patrimonio arquitectónico urbano realizado por Xaime Díaz Alonso tamén poderá verse na exposición Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, que será inaugurada este mércores ás 20.00 horas no Museo de Bergantiños.

Do 30 de marzo ao 30 de abril, o fermoso patio interior do único edificio público do século XIX que se conserva en Carballo albergará 20 paneis que permiten realizar un percorrido pola arquitectura dos barrios urbanos e mesmo recrearse coas imaxes e os planos de edificios e espazos públicos xa desaparecidos, como a Casa da Condesa, a capela da Estrela, os Baños Vellos ou o Paseo dos Tileiros. A mostra incluirá tamén unha serie de material complementario arredor do traballo realizado por Xaime Díaz Alonso coa colaboración de Diego Díaz Mosqueira e Clara Díaz Pan.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia