Evento: A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa
martes, 1 febreiro, 2022 a sábado, 12 marzo, 2022
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa

Mostra bibliográfica infantil

Di o refrán que no mes de febreiro, coincidindo co retorno das aves migratorias, na cultura popular galega contamos cunha celebración ben especial, as vodas dos paxariños que, cos seus cortexos, lémbrannos a próxima chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Na sala infantil unímonos á súa festa e queremos dedicarlles este mes a esas aves que poboan o noso ceo, terra e auga, cunha selección de libros para coñecelas mellor, pero tamén para botar a voar a imaxinación coas súas historias.

Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia