Evento: Senta que hai baile!
Senta que hai baile!
Se a túa idea é que por causa da COVID-19 non vas poder volver bailar, estás nun grande erro. Os de Pesdelán argallaron a maneira de bailar cumprindo todas as medidas de seguridade desta nova época que nos toca vivir.
Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras aprenderannos dunha maneira moi sinxela como se bailan.
No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos. Nalgúns destes bailes as explicacións faranas as profesoras dende o escenario.
Con Senta que hai baile! Pesdelán quere aportar o seu gran de area para levar o mellor posible estes tempos duros que vivimos, xa que a música, o baile, rir e compartir son elementos que lle dan luz ás nosas vidas
Que nada pare o baile e as ganas de gozar en familia, imos todos bailar con Pésdelan!
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
