Evento: Con lingua propia

Con lingua propia
sábado, 11 abril, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal Manuel María,
O Carballiño
Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.
Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!
Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo