Evento: Festa da Ameixa

Festa da Ameixa
mércores, 17 agosto, 2022 a xoves, 18 agosto, 2022
Carril,
Vilagarcía de Arousa

Festa da Ameixa

Festa de Interese Turístico.

O bivalvo máis identificativo da localidade mariñeira do Carril, en Vilagarcía de Arousa, é o protagonista desta cita gastronómica que se celebra no domingo seguinte ao 16 de agosto, festividade de San Roque, festas patronais de Vilagarcía de Arousa.

Os afeccionados á cociña teñen tamén a oportunidade de participar nun concurso no que se premian as mellores receitas coa ameixa como ingrediente principal. Neste concurso entréganse as Ameixas de Ouro, de Prata e os galardóns ao parquista máis novo e ao parquista de honra.

Durante unha fin de semana pódese degustar a ameixa criada nos areais do Carril nas máis variadas preparacións, pero especialmente á mariñeira e acompañada de viño albariño.

A festa celébrase na Alameda, xunto á lonxa e con vistas á illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A Festa da Ameixa celébrase desde o ano 1991.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
30 de novembro a 11 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 31 de xaneiro
Begonte (San Pedro)