Evento: Entroido dos Xenerais da Ulla.

Entroido dos Xenerais da Ulla.
sábado, 20 xaneiro, 2024 a domingo, 18 febreiro, 2024
Concellos de A Estrada, Silleda, Vila de Cruces Boqueixón, Teo, Touro, Vedra,
Santiago de Compostela

Entroido dos Xenerais da Ulla.

Entroido dos Xenerais do Ulla,

Trátase dunha celebración orixinal da comarca da Ulla, con referencias documentadas nos anos 70 do século XIX.
Os personaxes máis relevantes desta celebración son os xenerais e os correos a cabalo que van disfrazados con vestimentas militares de época e outros adornos tamén nos cabalos. Acompañados de abandeirados, coros e comparsas, percorren as parroquias da zona e representan diversas escenas, coñecidos como atranques ou altos. Estes atranques consisten nun enfrontamento dialéctico por parellas no que se fai burla de asuntos sociais de actualidade. As diferentes parroquias presentan incluso singularidades e manteñen os seus trazos definitorios. A espectacularidade deste Entroido tradicional galego logra atraer cada ano a numerosos visitantes á comarca do Ulla.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Pantin Classic Galicia Pro
24 de agosto a 1 de setembro
Playa de Pantín
Festa do Pan de Neda
1 de setembro
Paseo Marítimo
Danzas Ancestrais de Darbo
6 de setembro a 9 de setembro
Varios espacios