Evento: Entroido de Xinzo de Limia
Entroido de Xinzo de Limia
As “pantallas” son as estrelas deste Entroido. Estas personaxes ancestrais percorren a vila golpeando dúas vexigas de animais, secas e inchadas como globos, impoñendo a súa lei.
O de Xinzo de Limia é, ademais, o ciclo de carnaval máis longo de toda España, xa que comeza o Domingo Fareleiro (tres antes do Domingo de Entroido) e remata co Domingo de Piñata. Aínda que o Domingo de Entroido a localidade é un fervedoiro de xente de todos os lugares de Galicia, o día grande é o Martes de Entroido, cando ten lugar o desfile de carrozas e comparsas, encabezado por un gran grupo de “pantallas”.
Prazas, bares e tascas da localidade convértense durante estes días nunha continua troula, protagonizada pola xuventude, entre música de charangas e verbenas e pantagruélicos xantares.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular