Evento: Representar sen debuxar: personaxes con colaxe
Representar sen debuxar: personaxes con colaxe
A biblioteca cede o espazo ao Xacobeo 21-22 para a realización deste obradoiro de debuxo a cargo de Ana Luisa Frazão. Dentro do curso “Historias de Cadernos de Viaxe. Xacobeo 21-22” a pintora portuguesa realizará un obradoiro no que ensinará a técnica para debuxar personaxes sen utilizar apenas as cores nin as liñas, só coa colaxe. Primeiro fará unha introdución sobre a perspectiva e a mancha, para logo comezar a realizar o debuxo con sinxelos recortes de revistas e outros debuxos.
Ana Luisa Frazão leva anos utilizando nas súas obras a técnica da acuarela mesturada coa colaxe a través de pequenos recortes de antigas revistas infantís de Mickey Mouse. Este é o seu sinal de identidade en todas as súas obras que colgaron de museos de Marrocos, Brasil ou Italia.
No salón de actos. Para nenas e nenos a partir de 8 anos. Número máximo de participantes 12. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.