Evento: Festival Millo Verde: Zeltia Irevire + Ombligo

Festival Millo Verde: Zeltia Irevire + Ombligo
sábado, 18 setembro, 2021 - 20:00
Praia De Cesantes,
Redondela

Festival Millo Verde: Zeltia Irevire + Ombligo

Festival de música alternativa, reggae e rock.

Co amorne dos druídas e a maxia bruxa preséntase Zeltia coa súa banda Irevire. Tras tocar de maneira viaxeira tanto en Galicia como en Irlanda, foi a principios do 2018 cando empeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Ao ano seguinte incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín e Eduardo Apariz aos coros coas palabras chamánicas, todo empeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal. Este ano, o traballo no estudo está a piques de estrearse, o álbum LP Vacaloura gravado coa súa banda e con colaboracións moi especiais do local e o internacional do noso mundo.

A música de Zeltia e Irevire consegue mergullarnos nunha viaxe onde o Folk e o Blues mestúranse con outros momentos máis acústicos e tribais. As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san e difundir a mensaxe de protexer a nosa cultura e o bosque autóctono

  • Zeltia Irevire - Irevire / Casa das Crechas

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos