Evento: Clubs de lectura 2021/2022
Clubs de lectura 2021/2022
Volven os clubs de lectura á biblioteca. Cun novo formato de inscrición e grupos para garantir as mellores condicións de seguridade.
Preinscrición non presencial: a partir do 15 de setembro recolleremos tódalas peticións de preinscrición por dúas vías:
-Teléfonos: 886 120 440 / 886 120 445 / 886 120 456
-Formulario web: https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/gl/clubs-de-lectura-20212022
(Non se terá en conta ningunha solicitude realizada antes da data sinalada).
Con tódalas solicitudes recibidas eses días realizarase un sorteo para cada club de lectura segundo o día, idioma e horario.
Idiomas, días e horarios dispoñibles: 6 grupos en total, poderedes preinscribirvos nos grupos que queirades, pero só poderedes asistir a 1 (se unha persoa saíse elixida en dous sorteos, se lle asignará o grupo no que saíse primeiro):
- Francés: luns 19.00-20.00 h.
- Italiano: martes 19.00-20.00 h.
- Castelán: mércores 18.00-19.00 h.
- Inglés: mércores 19.30-20.30 h.
- Portugués: xoves 18.00-19.00 h.
- Galego: xoves 19.30-20.30 h.
Cada grupo terá un máximo de 12 asistentes.
Data de inicio das sesións: 18 de outubro



