Evento: “A MÚSICA DOS DEUSES: O MUNDO CLÁSICO COMO FONTE NA CREACIÓN ARTÍSTICA” Conferencia musical coa intervención en directo da soprano e profesora SUSANA DE LORENZO e as filmacións do cineasta e pintor JESÚS SÚ.
“A MÚSICA DOS DEUSES: O MUNDO CLÁSICO COMO FONTE NA CREACIÓN ARTÍSTICA” Conferencia musical coa intervención en directo da soprano e profesora SUSANA DE LORENZO e as filmacións do cineasta e pintor JESÚS SÚ.
“A MÚSICA DOS DEUSES: O MUNDO CLÁSICO COMO FONTE NA CREACIÓN ARTÍSTICA”
Conferencia musical coa intervención en directo da soprano e profesora SUSANA DE LORENZO e as filmacións do cineasta e pintor JESÚS SÚ.
DIA: 2 de setembro
HORA: 20:00 horas
LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)
Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA
ACTO PÚBLICO, ABERTO A TODA A CIDADANÍA
É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA FFP2
PRAZAS LIMITADAS
PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DA SOCIEDADE: 981-222976
____________________________________________________________________
SUSANA DE LORENZO interpreta “In trutina”, unha das partes de “Carmina Burana” de Carl Orff, con imaxes de JESÚS SÚ:
https://www.youtube.com/watch?v=xeTPxsPgCj4
SUSANA DE LORENZO GONZÁLEZ
É cantante soprano e profesora de Latín e de Grego.
A súa traxectoria defínese pola variedade do repertorio, a estrea de obras e a recuperación de compositores.
Actuou coa OSG, Filharmonía de Santiago, Orquestra Sinfónica de Melide, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Gaos, Mondello Quartet, Banda Municipal de Música da Coruña e Banda de Merza, baixo a dirección de Sardelli, James Ross, David Ethève, Fernando Balboa, José Luis Represas, Fernando Vázquez Arias e Fernando Briones.
É solista da Compañía Lírica de Galicia.
É membro do grupo DOA. O CD "A fronda dos cervos" deste grupo foi considerado o mellor disco folk do ano 2011 e Top 5 no Global Village dos Estados Unidos.
Fundou “Deusa Tola” con Xoan Piñón, un dúo que aborda músicas do mundo.
Con Beatriz López-Suevos e Rosario Martínez recuperou e divulgou a vida e obra da compositora compostelana Eugenia Osterberger.
Foi a soprano nos "Cantos á Natureza" de Neira Vilas, musicados por Juan Durán, Margarita Viso, Javier Comesaña, Paulino Pereiro e María Mendoza, co tenor
Cesáreo Torres e o pianista Alejo Amoedo.
Formou con Alejo Amoedo o DÚO GALIA, co que estreou numerosas pezas de compositores galegos, nun intenso labor de descubrimento do patrimonio musical. Con Javier Ares estreou as cancións para voz e piano de Carlos López García-Picos. Co grupo de cámara Old Vienna realizou unha xira cun repertorio dos temas clásicos máis emblemáticos.
É convidada frecuentemente a interpretar repertorio jazzístico.
Co artista multimedia JESÚS SÚ adentrouse na creación e interpretación do Cinema Experimental e a Electroacústica, coa estrea do audiovisual con música en directo do filme “Krista Cristal”. Realizou co mesmo artista unha exposición e un festival musical na Galería Black Box da cidade da Coruña.
JESÚS SÚ
É pintor e cineasta.
Profesor de Deseño no Ensino Secundario.
Formación:
Licenciado en Belas Artes e licenciado en Dereito.
Estudos na Facultade de Filosofía.
Máster universitario do ensino de Xadrez.
Curso universitario de Guión cinematográfico na Universidade da Coruña.
Curso de Grabado no Instituto da Estampa Contemporánea.
Curso de Grabado no Obradoiro Teucro.
Estudos de Ioga e de Zen cos mestres Santiago Pazhín e Dokusho Villalba.
Exposicións e filmes:
Estreas dos filmes no CGAI: “Krista Cristal”, “Bajo las piedras”, “La sociedad del
espectáculo” e “Azul”.
Exposición individual no Ateneo Libertario Xosé Tarrío coa obra audiovisual “LSS”.
Exposición en San Petesburgo: Centro AristócratasMendigos.
Action painting “Live in San Petersburg” na Noite dos Museos.
No Museo “Profmuseum”. Exposición individual no Centro de Lingua Española “Adelante”.
Exposición individual “Куда приводят мечты” (“Aonde conducen os soños”) en Karl Bulla Pabelion.
Exposición individual na sala de cinema “Avanguardo”. Pushkin.
Exposición individual na Galería “Space 39”. Downtown Fort Myers. Florida, Estados Unidos.
Exposición individual en “Summer Selections Group Exhibition”, presentada por Ellen Charapko Gallery. Fort Lauderdale, Florida, Estados Unidos.
Obras en coleccións:
Centro Galego de Artes e Imaxe,
Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo,
Centro AristócratasMendigos de San Petersburgo,
Museo Profmuseum de San Petersburgo,
Coleccións particulares nos Estados Unidos, Alemaña, Rusia, Porto Rico e España.
Outras actividades:
Realizador habitual dos vídeos da soprano Susana de Lorenzo.
Fundador no ano 2012 da obra de Arte Multimedia “AristocratasMendigos”.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso