Evento: A cor das palabras: Carolina Cappa

A cor das palabras: Carolina Cappa
domingo, 6 xuño, 2021 - 11:30
evento online,
Santiago de Compostela

A cor das palabras: Carolina Cappa

Conferencia online.

A actual tempada do ciclo A cor dás palabras continúa achegándose a oficios e labores do cinema que adoitan quedar ocultos ou pouco coñecidos. Nese camiño recibe a visita da archivista arxentina Carolina Cappa, que nos convida a coñecer de preto o seu traballo como  preservadora e restauradora do patrimonio audiovisual e cinematográfico. Á beira dos elementos máis técnicos e artesanais do traballo co arquivo, o encontro convoca a dar un paseo por algúns aspectos sobre a ética, a técnica e a política dos arquivos fílmicos no momento de restaurar imaxes do pasado e volver exhibilas no presente.

A actividade terá lugar o domingo 6 de xuño ás 11:30 horas da mañá e ten acceso libre ata completar aforo, aínda que é recomendable reservar praza no correo acordaspalabras@santiagodecompostela.gal. Se non podes achegarche ou quedas sen praza, lembra que o encontro vai ser retransmitido en streaming a través da páxina de Facebook (@ numaxcoop).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense