Evento: Andrés Gabarres

Andrés Gabarres
venres, 7 maio, 2021 a domingo, 23 maio, 2021
Centro Torrente Ballester,
Ferrol

Andrés Gabarres

Exposición do artista.

Gabarres (Ferrol, 1986) é un dos pintores novos de maior talento e proxección da nosa contorna.

Formado nas facultades de Belas Artes de Pontevedra e Madrid, foi bolseiro da Real Academia de Historia e Arte San Quirce e participou nas VII e VIII Cátedras extraordinarias de pintura de Albacete impartida por Antonio López García. En 2010 protagonizou unha mostra individual no centro cultural Carvalho Calero de Ferrol e en 2015 formou parte dunha colectiva, como nova promesa, na que compartiu cartel con algúns dos principais pintores galegos do século XX, como Felipe Belo Piñeiro, Fernando Álvarez de Sotomayor ou Genaro Pérez Villamil, entre outros.

A exposición

A montaxe no Torrente inclúe un gran mural efémero que se poderá ver durante o tempo que dure a mostra. O artista expoñerá na sala Fernando Álvarez de Sotomayor do centro municipal ao redor de 70 obras, entre elas unha serie de pezas posteriores á pandemia, a maioría en papel, que reflicten o seu estado anímico por causa da irrupción da covid-19.

Predomina a cor e o paisajismo, sobre todo o urbano.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona