Evento: Andrés Gabarres
Andrés Gabarres
Gabarres (Ferrol, 1986) é un dos pintores novos de maior talento e proxección da nosa contorna.
Formado nas facultades de Belas Artes de Pontevedra e Madrid, foi bolseiro da Real Academia de Historia e Arte San Quirce e participou nas VII e VIII Cátedras extraordinarias de pintura de Albacete impartida por Antonio López García. En 2010 protagonizou unha mostra individual no centro cultural Carvalho Calero de Ferrol e en 2015 formou parte dunha colectiva, como nova promesa, na que compartiu cartel con algúns dos principais pintores galegos do século XX, como Felipe Belo Piñeiro, Fernando Álvarez de Sotomayor ou Genaro Pérez Villamil, entre outros.
A exposición
A montaxe no Torrente inclúe un gran mural efémero que se poderá ver durante o tempo que dure a mostra. O artista expoñerá na sala Fernando Álvarez de Sotomayor do centro municipal ao redor de 70 obras, entre elas unha serie de pezas posteriores á pandemia, a maioría en papel, que reflicten o seu estado anímico por causa da irrupción da covid-19.
Predomina a cor e o paisajismo, sobre todo o urbano.
Máis eventos de tipo Exposición