Evento: Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'

Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'
venres, 7 maio, 2021 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'

Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen

A compañía Redrum Teatro estrea no Teatro Principal de Ourense o 7 e o 8 de maio a obra 'Un home con lentes de pasta', beneficiaria o pasado ano das axudas á creación escénica da Xunta de Galicia. A nova montaxe incorpórase á programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

'Un home con lentes de pasta' estréase en Galicia e en galego, cando continúa a estar de plena actualidade por afondar na exploración do ser humano e nas relacións persoais. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol. Estreada en Barcelona en 2010, recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada a mellor texto catalán nos Premios Max 2011.

 

 

As entradas poñeranse á venda o4 de maio a partir das 12:00 horas a través da web www.ataquilla.com, www.teatroprincipalourense.com e no despacho de billetes do Teatro Principal de 12:00 a 14:00 horas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal