Evento: Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'
Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'
A compañía Redrum Teatro estrea no Teatro Principal de Ourense o 7 e o 8 de maio a obra 'Un home con lentes de pasta', beneficiaria o pasado ano das axudas á creación escénica da Xunta de Galicia. A nova montaxe incorpórase á programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
'Un home con lentes de pasta' estréase en Galicia e en galego, cando continúa a estar de plena actualidade por afondar na exploración do ser humano e nas relacións persoais. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol. Estreada en Barcelona en 2010, recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada a mellor texto catalán nos Premios Max 2011.
As entradas poñeranse á venda o4 de maio a partir das 12:00 horas a través da web www.ataquilla.com, www.teatroprincipalourense.com e no despacho de billetes do Teatro Principal de 12:00 a 14:00 horas.
Máis eventos de tipo Espectáculo