Evento: Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay
mércores, 8 setembro, 2021 a sábado, 11 setembro, 2021
Carballo,
A Coruña

Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Festival de series.

A oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 8 ao 11 de setembro, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas series ou proxectos de serie á súa sección oficial, que repartirá 6.600 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 15 de xuño de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com.

Para participar na Sección Oficial a concurso, as series deben ser producidas entre os anos 2017 e 2020 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais. Entre as propostas recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura premiará a mellor serie estatal, a mellor serie internacional e a mellor serie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

O Carballo Interplay conserva ademais, na súa oitava edición, a dotación económica de 3000 euros para o premio a proxecto de webserie en galego. A data límite para presentarse é o 31 de xullo de 2021 e os proxectos deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais, pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres), pero poden ser de imaxe real, animación, stop motion ou técnica combinada.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Travelling para unha arpa, conferencia de Manuel Vilas
XIX Festival internacional de música Pórtico do Paraíso
12 de maio
Casa da Cultura, rúa Concello, 11