Evento: Globo Aerostático
Globo Aerostático
Entre o 12 de decembro e o 6 de xaneiro instalarase na chaira do Pavillón Municipal de Deportes, situado nas costas do parque, un globo aerostático cativo, é dicir, sostido por cables e unido ao chan, que se elevará ata unha determinada altura. O horario de voo será entre as 17:30 e 19:30 horas entre semana, e entre as 17:30 e 20:30 horas os fins de semana. A duración de cada viaxe será duns 3 minutos.
Ademais, as persoas que compren no comercio lucense poderán entrar a participar cos seus tickets de compra no sorteo de pases para unha viaxe no globo. Os grupos serán reducidos e os voos faranse sempre mantendo todas as medidas de seguridade. Paralelamente, na Praza Maior instalarase un photocall cun globo pequeno para que nenos e maiores poidan facerse fotos.