Evento: Coro Gaos: Voltamos
Coro Gaos: Voltamos
O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquestra Gaos. Está constituído por 55 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. A súa actividade repártese entre o repetorio ?a capella? e a música sinfónico ? coral, cunha especial énfase na ópera. Preséntase ante o público na inauguración da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acto presidido polas súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.
Desde ese mesmo ano participa no Festival de Amigos da Ópera, e, posteriormente, na Tempada Lírica da Coruña, traballando en producións con importantes batutas, directores de escena e cantantes, entre os que destacan os directores de orquestra como Gómez Martínez, Ramón Tébar ou Keri-Lynn Wilson, directores de escena como Mario Pontiggia ou Alfonso Romeu e cantantes como Celso Albelo, Gregory Kunde, Juan Jesús Rodríguez ou Marianne Cornetti.
Así mesmo, en 2015 comentou a súa colaboración cos Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago participando na súa respectivas tempada e producións.
En 2011 e 2012 participa no I e II Ciclo de Catedrais cantando a Misa de Réquiem de W. A. Mozart e a Messa dei Gloria de G. Puccini xunto á Orquestra Gaos con motivo da celebración do 800 aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.
En 2014 celebra o V aniversario da Orquestra Gaos coa interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven, e a realización dunha xira por Cataluña, destacando a súa participación no 49º Festival Internacional de canto coral de Barcelona, no Palau da Música Catalá, así como concertos na Sacra Familia, a Basílica do Pi ou o Mosteiro de San Cugat. En outubro dese mesmo ano obtén o Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Corais Antonio José celebrado en Burgos e máis recentemente o Segundo Premio no XXXII Certame Coral Internacional Vila de Avilés e o Segundo Premio no XLV Certame Coral de Ejea de los Caballeros.
En setembro de 2015 pon en marcha un novo proxecto: os minigaos, dous coros infantís cos que inculcar desde a base a paixón pola música e o canto coral.
Máis eventos de tipo Concerto