Evento: Luz Casal

Luz Casal
xoves, 26 marzo, 2026 - 20:30
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro,
Santiago de Compostela

Luz Casal

Luz Casal presenta en xira o seu novo disco /Me voy a permitir/, o traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira. Neste álbum concédese o capricho de mostrar dez facetas, tantas como cancións: dez ac...

Luz Casal presenta en xira o seu novo disco Me voy a permitir, o traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira. Neste álbum concédese o capricho de mostrar dez facetas, tantas como cancións: dez actitudes e dez maneiras de mirar e entender o mundo. Móvese coa liberdade de quen non ten xa nada que demostrar, amosando as súas cartas como dama da chanson francesa, voz contemporánea do cancioneiro latinoamericano, cronista do cotián e rockeira que nunca colgou os pantalóns de coiro. Tal e como advertiu Pablo Guerrero, Luz pode soar suave como a seda ou desgarrar coma os colmillos dun animal ferido, capaz de cantar desde o despeito ou a esperanza, canalla ou luminosa, sempre libre.
Este novo espectáculo é unha ponte entre pasado e futuro, e certifica a súa dobre condición de compositora intuitiva e talentosa e de intérprete excepcional, capaz non só de cantar senón de habitar as cancións, sexan propias ou alleas.
Allea á pirotecnia e aos artificios, permítese seguir unicamente o seu propio instinto, unha liberdade que lle ten brindado a admiración do público, o respecto da crítica e a complicidade das súas colegas, un triplo recoñecemento que só se alcanza en contadas ocasións.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Eiii Carballeira!!
22 de agosto
Praza da Constitución
Os Piñeiros
22 de agosto
Praza do Camiño
soulroll
Soul&Roll 
22 de agosto
Xardíns do Museo do Coiro
Meu santo
22 de agosto
Teatro Coliseo Noela