Evento: Meu santo

Meu santo
sábado, 22 agosto, 2026 - 22:00
Teatro Coliseo Noela,
Noia
Un concerto de Momboi

Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momboi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”. A esencia do disco plásmase nos directos de Momboi que, xunto coa súa estética lograda, enchen o escenario de luz e beleza, convertendo calquera dos seus directos nun lugar para o desfrute da boa música.

Agora presentan o espectáculo MEU SANTO, o nome do seu último sinxelo que marca unha nova evolución da banda, afondando nas súas inflluencias rítmicas e estéticas das músicas iberoamericanas, folk-pop para todos os públicos, para amantes da música de 0 a 100 anos.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

mezzo
O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo
11 de setembro, 19:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
As gardiás
As gardiás
11 de setembro, 20:30
Teatro Rosalía de Castro - A Coruña - A Coruña
Galerock & Magic
Galerock & Magic  
12 de setembro, 19:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
As gardiás
As gardiás
12 de setembro, 20:30
Teatro Rosalía de Castro - A Coruña - A Coruña