Evento: Espellos sonoros

Espellos sonoros
xoves, 26 marzo, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Espellos sonoros

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Baldur Brönnimann, directorJuan Pérez Floristán, piano 

  • Cometa: Encarga a José María Sanchez Verdú. Estrea absoluta
  • Béla Bartók: Concerto para piano núm. 2, BB 101
  • Henri Dutilleux: Sinfonía núm. 2 “Le Double”

CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Juan Pérez FloristánSala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
Despois da obra de Sánchez Verdú completan o programa Bartók e Dutilleux, que abraiaron pola riqueza tímbrica das súas creacións, ligadas ao folclore maxiar no primeiro e á poética no segundo. O Concerto para piano núm. 2, un dos máis esixentes do século XX, zumega claridade expresiva e transparencia orquestral. Os seus tres movementos desenvolven un palíndromo, tan do gusto bartókiano. Pertencente a unha familia de artistas, Dutilleux recatalogou a súa obra rexeitando o que compuxera antes da ocupación. O seu talento abriu novas vías á música clásica que tamén transmitiu ao seu alumnado.A súa Sinfonía núm. 2 destaca pola orixinal disposición escénica: un grupo sinfónico principal dialoga cun conxunto de cámara independente. Concibida con refinamento orquestral, ofrece unha paleta tímbrica innovadora, con ritmos que flúen coma unha forma líquida.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
LA LOM
7 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Enter Shikari
8 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5