Evento: Do divino ao criminal. Charla maxistral de Maria Alonso Seisdedos

Do divino ao criminal. Charla maxistral de Maria Alonso Seisdedos
venres, 4 decembro, 2020 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Do divino ao criminal. Charla maxistral de Maria Alonso Seisdedos

A visión dos autores e autoras

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte, organiza, en colaboración coa Asociación Colegial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) o curso "De la Creación a la Librería. Cómo se hace un escritor y cómo trabaja un escritor en España".

Neste curso ofreceuse, a través de máis de 50 seminarios virtuais, unha panorámica do proceso completo que abrangue a creación literaria, desde o momento en que se xesta a idea ata o instante en que os libros se depositan nos seus puntos de venda, despois de pasaren por todas as mans que contribúen á súa existencia. 

O terceiro módulo do curso, A visión dos autores e autoras, consiste nunha serie de clases maxistrais a cargo de autores e autoras retransmitidas vía streaming desde varias bibliotecas públicas das dezasete comunidades autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

María Alonso Seisdedos impartirá a charla desde o salón de actos da biblioteca na que fará un breve percorrido polas angueiras dunha tradutora profesional en Galiza. A asistencia é libre previa recollida dun convite no mostrador de información da biblioteca 30 minutos antes do comezo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense