Evento: X Xornada de formación práctica dixital

X Xornada de formación práctica dixital
martes, 1 decembro, 2020 - 08:00
EGAP(Escola Galega de Administración Pública),
Santiago de Compostela

X Xornada de formación práctica dixital

A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición da xornada de formación práctica.

A X Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro martes, 1 de decembro, estará dedicada ao Rexistro electrónico na Xunta de Galicia. Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constará dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:

Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR.

Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello