Evento: Reinventar o mundo

Reinventar o mundo
xoves, 3 decembro, 2020 a venres, 4 decembro, 2020
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Reinventar o mundo

Trala crise provocada pola COVID19 somos conscientes da necesidade de mudar a nosa maneira de estar no planeta. Os nenos e nenas precisan explicacións, necesitan respostas e espazos onde expresaren as súas dúbidas, medos e propostas para reinventar o mundo.

Neste obradoiro empezaremos cun conto: A viaxe dos pingüíns que serve para establecer un diálogo cos nenos e nenas sobre o que foi a pandemia, como o viviron, que sentiron e que cousas fixeron. Analizaremos que estamos facendo mal e que debemos cambiar para ter un planeta onde se manteña un equilibrio ambiental con todas as especies.

Con todas as ideas, teremos unha parte final na que os nenos e as nenas farán una proposta plástica (realizada a través de material de refugallo), acompañado dunha reflexión escrita, nos nenos máis maiores, que resuma a súa mensaxe para facermos un mundo mellor.

Cos textos e imaxes resultantes realizaremos un libro álbum. Esta obra servirá de testemuña dun momento histórico, que agardamos non se repita, visto desde as perspectiva dos máis pequenos, unha pegada onde as crianzas nos amosen aos maiores o que estamos facendo mal e como virar o rumbo para facermos un mundo mellor.

Público destinatario: Nenos e nenas, de 6 a 11 anos.

Con inscrición previa a partir do martes 24 de novembro, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Lugar: Espazo actividades da entrada

Xoves 3 de decembro:  De 18.00 a 19.00 h.

Venres 4 de decembro: De 17,30 a 18,30 h. 

                                      De 19,00 a 20,00 h.

Entrada de balde

Uso obrigatorio de máscara

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola