Evento: Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla

Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla
venres, 20 novembro, 2020 - 13:30
Pazo da Cultura de Carballo,
Carballo

Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla

Actividade dentro do Festival Carballo Interplay 2020

Con Ana Domínguez (S8), Anxo Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema. 

A distancia social imposta pola pandemia obrigou á maioría de festivais de cinema e audiovisual a reiventarse ou, cando menos, a expandir o seu alcance na rede máis aló da presenza física. A colaboración con plataformas de streaming, a creación de contidos específicos para a rede ou o deseño de actividades para a súa produción e retransmisión online son algunhas das solucións que, sendo conxunturais, quizais viñeron para quedar. Cara a onde camiña o futuro destes eventos? Que novos formatos de festivais visualizamos para os próximos anos? Que aprendemos da experiencia deste ano? Sobre isto falaremos con representantes de distintos festivais de cinema galegos que tiveron que adaptar as súas edicións de 2020 esta nova realidade.

ANA DOMÍNGUEZ

Ana Domínguez é creadora visual e xestora cultural. É co-directora e coordinadora xeral do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, onde realiza a produción executiva e o desenvolvemento de todas as actividades. Como creadora visual dirixiu e produciu a longametraxe Os fillos da vide, película que ha tivo un longo percorrido por festivais internacionais e foi galardoada como mellor película galega na MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico 2018. Actualmente atópase en pleno desenvolvemento de dous proxectos cinematográficos: unha nova longametraxe e un curto experimental.

ANXO SÁNCHEZ

Anxo Sánchez é co-fundador e co-director de Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, un dos  eventos audiovisuais de referencia na non ficción en España. Desde Play-Doc presentáronse retrospectivas de lendas do cinema recoñecidas internacionalmente, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Charles Burnett, Bruce Weber, Claire Simon, Lech Kowalski ou Ross McElwee, entre moitos outros. Paralelamente, desde o festival tamén organizan un gran número de talleres, laboratorios de creación e seminarios enfocados á promoción e á formación de cineastas, así como programacións cinematográficas en diferentes festivais e en centros culturais, dentro e fóra de España. En 2014 funda Play-Doc TV, plataforma de VOD dedicada á promoción de cinema independente nacional e internacional, e accesible en Asturias, Galicia e Euskadi a través do operador de cable Euskaltel. É presidente e membro fundador de Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, que agrupa os principais eventos audiovisuais de Galicia.

SONIA MÉNDEZ

Sonia Méndez ten unha longa traxectoria no campo da interpretacion, direccion e producion audiovisual. Ten dirixidos e producidos seis curtametraxes e dúas series para internet. Recentemente dirixiu e coguionizado a serie Antes de Perder para Playz (RTVE). Ademais desde 2014 dirixe o Carballo Interplay, festival de contidos dixitais. En 2018 funda Cósmica Producio?ns xunto a Nati Juncal Portas. Xuntas producen a longametraxe documental A Poeta Analfabeta e teñen en desenvolvemento a longametraxe de ficcion As Neves e o documental A Muller Borrada.

  • Los festivales en tiempos de distancia social y multipantalla

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense