Evento: En galego, en construcción. Pitching de proxectos de webserie
En galego, en construcción. Pitching de proxectos de webserie
Os finalistas deste premio a proxectos de webserie en galego que convoca o Concello de Carballo terán que defender as súas propostas diante dun xurado. Teñen 10 minutos para facelo e espéraos un premio de 3000? para a produción da súa webserie.
Proxectos finalistas
Cacola é un proxecto de webserie de animación 2D dixital de David Hidalgo, director, guionista, animador, director de arte e montador de varias curtos e videoclips de animación. Este ano 2020 foi finalista nos Premios Goya cun deses curtos, Homomaquia. Cunha estética cartoon con cores planas e animacións irreais, os capítulos de Cacola presentarán historias autoconclusivas duns 30 segundos cun ton de comedia absurda na que todo pode pasar.
LÉVEDE. Unha webserie sensual con receitas de panadería galega. Uns nenos danse o primeiro bico, pobres, co corazón latexando na boca. É a receita primeira, a do pan. Tres radiantes adolescentes acaríñanse os brazos, as costas e as nádegas, en explosiva alegría. Traen, aloucadas, a fórmula da rosca de Pascua. Un mozo e unha moza derriten os corpos, mesturan fluídos e ata prenden faíscas no aire que respiran. Ardentes así, deixan os pasos para facer empanada de mazá. Dous vellos namorados vibran de desexo sentindo as palabras na boca do outro. Revelan, plácidamente, as notas da preparación dos almendrados.
Óleo é un proxecto de ficción que retrata a soidade, o baleiro interno, a rabia e a culpa que sofren as persoas que teñen que deixar a súa vida para coidar dos demais. O Pazo Libunca, unha das arquitecturas máis coñecidas de Narón, é un protagonista máis desta webserie dirixida por Daniel Sanmartín, que combina os seus estudos e traballos con diversos proxectos persoais entre os que destaca o seu rol como vicepresidente da asociación sociocultural Patio de Butacas.
En Cebo &Allo, Román Castaño Frieiro -creador das webseries Lentes e Pallaso e As Cousas do Choio- conta a historia de dous irmáns galegos, Cebolo e Allo, moi diferentes entre eles pero cunha característica en común: a súa paixón pola gastronomía. Cebolo é un youtuber namorado das inxestas masivas e Allo goza coas experiencias culinarias selectas. Do choque entre eses dous mundos xorde este proxecto de ficción cómica.



