Evento: Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego

Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego
xoves, 19 novembro, 2020 - 12:30
Pazo da Cultura de Carballo,
Carballo

Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego

Actividade dentro do Festival Carballo Interplay 2020.

O galego estivo presente en Youtube dende a apertura da plataforma. Ao comezo, de forma aleatoria e ocasional, pero enseguida chegaron contidos propios para a rede. Co paso do tempo foron variando e mudando as formas e temáticas, por iso é necesario facer unha periodización da nosa historia en Youtube. O youtubeiro Miguel Silva (Aquele) faranos un percorrido guiado (e proxectado) por esta Historia.

MIGUEL SILVA (AQUEL-E)

En canto finalizou o Grao en Lingua e Literatura Galega e mentres non atopaba traballo, Miguel Silva decidiu abrir unha canle de youtube baixo o nome daquel-e. Sen saber moi ben por onde tirar, foi mesturando as súas paixóns e convertendo a canle nun lugar onde se pode falar desde Castelao a Kim Kardashiam, sempre pasando por Ana Kiro. O interese por esta nova perspectiva da historia de Galicia fixo que tivese que deixar a cámara e enfrontarse ao público en directo. Para isto creo Galicia Pop, unha charla-monólogo coa que percorreu xa máis de 30 centros de ensino secundario. Chegado o momento quixo levar a performance ao extremo e fíxoo a través da música compoñendo ?Que nos pille rebolando?, un reggaetón que foi a canción do verán da TVG no 2019.

  • Playlist: Youtube gallego con Aquel-e

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense