Evento: Mulleres en acción: Violencia zero: Lúa Mosquetera

Mulleres en acción: Violencia zero: Lúa Mosquetera
xoves, 1 outubro, 2020 a venres, 30 outubro, 2020
Varios espazos,
A Guarda

Mulleres en acción: Violencia zero: Lúa Mosquetera

Actividade dentro da programación de Mulleres en acción.

Poesía feminista con base musical de reguetón. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás.

Collemos un xénero musical tipicamente machista para concienciar sobre actitudes que nos prexudican e toleramos completamente de maneira inconsciente. Incita ao cambio e á busca da igualdade.

CV Lúa Mosquetera (Miño, 1988)

Lúa Mosquetera naceu en 1988 e estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o seu primeiro poemario (autoeditado), Rasrás, en 2018, e desde entón participou en numerosos festivais recitando a súa poesía, sempre acompañada da guitarra do músico Mori4rty.

Destacan as súas intervencións no festival Elas Son Artistas, no Festival de Música e Artes Loro Facu ou no Festival Internacional de Poesía e Performance Kerouac. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia