Evento: Mulleres en acción. Violencia zero: Julieta XLF

Mulleres en acción. Violencia zero: Julieta XLF
martes, 1 setembro, 2020 a mércores, 30 setembro, 2020
Varios espazos,
O Porriño

Mulleres en acción. Violencia zero: Julieta XLF

Actividade dentro da programación de Mulleres en acción.

Liberdade, voo, sororidade, irmandade, visión, ouveo, manada, loita, apertura, conciencia, empatía, resiliencia, adaptación, coidado, espello...

Actualmente o meu traballo é unha chamada de atención desde unha perspectiva ecofeminista que nos convida a reconectar coa enerxía creadora de todo o que existe, xa que muller e natureza comparten unha historia común de dominación e explotación. Preservar o medio é preservar a humanidade, e é unha cuestión de xustiza social. O modelo de desenvolvemento vixente carrexa a destrución do ecosistema global: un modelo de explotación infinito nun planeta finito é insostible.

"Un mundo sen explotación humana ou animal no que a diversidade non sexa motivo de opresión".

CV Julieta XLF (Valencia, 1982)

Cando estudaba Belas Artes sentíame especialmente atraída pola instalación, a escultura e a performance, pero cando comecei a pintar na rúa en 2004 atopei esa terceira dimensión que me faltaba na pintura, usando a arte urbana como un espazo para reflexionar sobre a cidade, como unha ferramenta para achegarme ao mundo e, dalgunha maneira, interactuar co resto de persoas que o habitan.

No meu traballo falo a través da vibración da cor e do ritmo das formas. Imaxino e creo desde o que a Natureza me mostra, a inspiración que atopo ao coñecer diferentes persoas e culturas, nas pequenas cousas da vida e nas miñas raíces mediterráneas. Centro a miña atención na biodiversidade do contorno e na necesidade de preservalo e traballo desde a integración e o concepto de beleza, coa figura feminina como idea central.

Aínda que desde prismas lixeiramente diferentes, o meu traballo sempre tivo un denominador común: a muller e a natureza. A natureza foi o meu principal estímulo e sempre atopei inspiración nas súas formas e cores, na súa extravagancia e exotismo. A muller como punto de partida, protagonista das súas aventuras, dona das súas reflexións, imperfecta, libre, cos seus defectos e virtudes, en constante proceso de transformación, a transformación que necesita o mundo que nos rodea, buscando reconectar co que en esencia somos… natureza.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona