Evento: Exposición "Viae ad limina Sancti Iacobi"

Exposición "Viae ad limina Sancti Iacobi"
luns, 3 agosto, 2020 a sábado, 31 outubro, 2020
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Exposición "Viae ad limina Sancti Iacobi"

É a colección máis querida do artista lucense Chencho Pardo Valdés

Ata finais de outubro, o Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle a exposición "Viae ad limina Sancti Iacobi" do debuxante e calígrafo lucense Chencho Pardo Valdés. Unha mostra composta por 42 debuxos e dúas cartografías nos que cobran protagonismo abondosas cidades, vilas e lugares do país vinculados coas rutas xacobeas.

 

"Viae Ad Limina Sancti Iacobi" é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición sobresae pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade. A maiores, a caligrafía que acompaña ás obras plásticas ten o estilo propio do autor e enfía un interesante relato histórico que, á súa vez, estrutura a mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago no horario de apertura do centro.

 

O Camiño de Santiago está aberto a visións e a novas interpretacións. Chencho Pardo achega as súas a través dos seus aparellos: o lapis e a cor. A realidade que o autor ofrece nos seus debuxos materialízase de formas diversas pero coa característica común da meticulosidade. O realismo é o xusto e necesario, pero quen observa sabe que ve a práctica totalidade dunha vila ou cidade galega porque capta os integrantes esenciais que forman a súa paisaxe, como un edificio ou un monte.

 

HORARIO MUSEO
Martes a venres, de 09.30 a 20.30h
Sábados, de 11.00 a 19.30h
Domingos e festivos, de 10.15 a 14.45h

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia