Evento: Experimentos en familia con Naturnova: Efecto marangoni
Experimentos en familia con Naturnova: Efecto marangoni
Experimentos en familia con Naturnova: Efecto marangoni
Actividade dentro de Afundación en casa
Cando dous líquidos de diferente tensión superficial entran en contacto, xérase unha forza que provoca un movemento desde as áreas de menor tensión superficial ás de maior tensión. Este proceso chámase o efecto Marangoni. Podemos observalo na nosa vida diaria con pompas de xabón, bágoas de viño ...
Na natureza tamén o usan algúns insectos, un exemplo son algunhas especies de escaravellos, que o usan para moverse a través da auga. Para facer isto, expulsan un líquido na superficie da auga que diminúe a súa tensión superficial creando unha onda na que poden surfear.
Ligazóns