Evento: Maquetas de monumentos de Galicia construídas con pezas de Exin Castillos

Maquetas de monumentos de Galicia construídas con pezas de Exin Castillos
luns, 15 xuño, 2020 a mércores, 30 xuño, 2021
Museo Arqueolóxico,
Cambre

Maquetas de monumentos de Galicia construídas con pezas de Exin Castillos

Exposición no Museo Arqueolóxico de Cambre

Cun ano xa de traxectoria, a exposición 'Galicia con Exin Castillos' do Museo Arqueolóxico de Cambre acaba de sumar un novo elemento, o Torreón dos Andrade (Pontedeume). Esta maqueta foi realizada con case 5.000 pezas deste xoguete de construcción español dos anos 70 e 80 e ven de gañar o 1º premio, na súa categoría, no concurso nacional da Asociación Exin Castillos & West.

A mostra está composta por outras recreacións como castelos clásicos deste xoguete, un castelo de fantasía, a igrexa de Santa María de Cambre, a Torre de Hércules, e os castelos de Sobroso (Mondariz) e o de Doiras (Cervantes).

As maquetas foron realizadas a escala 1:32 e detrás de cada unha delas hai un importante traballo de documentación. Todas están acompañadas de información sobre os monumentos, así como de paneis didácticos para que os máis cativos as poidan disfrutar dun xeito diferente.

O autor da exposición é o coruñés Fran Guerra.

Horario:
Martes a venres de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.
Sábados e domingos de 11:00h a 14:00h
Visitas de grupos:
Pódese solicitar cita previa no correo electrónico museo@cambre.org ou no teléfono 981 65 62 17.

Animádevos!

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia