Evento: Universo peregrino: O universo do diminuto

Universo peregrino: O universo do diminuto
xoves, 18 xuño, 2020 - 16:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Universo peregrino: O universo do diminuto

Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela

Ante a situación de confinamento xerada polo coronavirus en todo o mundo, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (España) pon en marcha unha serie de charlas en liña en galego destinadas tanto á comunidade local como á emigración.

Por que estamos eiquí? De onde vimos? De onde ven o mundo e de que está feito? Os seres humanos somos de natureza curiosa e máis dunha vez plantexámonos alghuna destas preguntas. O xoves 18 de xuño ás 16:00 (hora de Madrid), a investigadora do IGFAE, Elena G. Ferreiro, tratará de mostrar na charla “O universo do diminuto” que temos xa algunhas respostas do universo asombrosamente complexo no que vivimos .

“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para achegar a ciencia feita en Galicia á comunidade galegofalante internacional. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense