Evento: Sopa de letras reciclada

Sopa de letras reciclada
mércores, 27 maio, 2020 - 21:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Sopa de letras reciclada

Video titorial de Educación Plástica

Este vídeo titorial propón unha actividade estupenda para Educación Plástica: xoga con elementos de reciclaxe, non é excesivamente complexa de realizar e o produto final pode ser aproveitado despois noutras materias.

En función das letras que se poñan dentro das tampas, pode facerse unha sopa silábica ou normal, xogar con diferentes campos semánticos, cambiar de idioma ou área…

Un taboleiro de madeira, unhas tampas de refrescos, parafusos, cola adhesiva, unhas gomas elásticas e pouco máis. Con estes elementos cotiáns podemos crear, seguindo os pasos que acabamos de ver, un orixinal xogo de sopa de letras. Un divertimento con elementos reciclados que, ademais, non precisa de enchufes!

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa