Evento: Experimentos en familia con Naturnova: A sombra invisible.

Experimentos en familia con Naturnova: A sombra invisible.
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Experimentos en familia con Naturnova: A sombra invisible.

Sombras chinescas para os máis pequenos dentro do programa Afundación en casa

As sombras chinescas son un divertido xogo popular que consiste en interpoñer as mans entre unha fonte de luz e unha pantalla ou parede, de maneira que a posición e o movemento das mans proxecta sobre a pantalla sombras que representan distintos seres en movemento.

Esta actividade permítenos explorar e descubrir a posibilidade de expresarnos mediante unha linguaxe de luces, sombras, movementos, expresión corporal, voz, música, etc. Tamén nos axuda a identificarnos coas sombras do noso propio corpo e o espazo que nos rodea.

Esta actividade desenvolve a capacidade creativa e expresiva, potenciando o control postural como ferramenta de expresión corporal. Permite expresar as necesidades e emocións a través dos movimentos do corpo.

Para esta actividade non necesitarás demasiados materiais, será suficiente cunha lámpada, a parede ou unha cartolina branca, e as túas propias mans.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia