Evento: Eu son Carolina
Eu son Carolina
Breve e orixinal revsión da vida da Bela Otero, contada por un autor novel cuxa militancia feminista lle esixía a reparación da memoria daquela valguesa de sona mundial, sobre todo na propia terra que a viu nacer. Lonxe do orgullo e do recoñecemento, os xuízos máis duros foron os que durente moitos anos perduraron entre a propia veciñanza.
Biografía de Javier Carballo de Jesús:
Nado en Campaña (Valga, Pontevedra) no maxestuoso inverno do 97. Estudante e escritor novel. Foi e segue a ser educado no sistema público de educación, dende os estudos primarios e obrigatorios ata a universidade, onde estuda Relacións Laborais e Recursos Humanos. Feminista.
Educado nos valores da igualdade e xustiza social. Activista polas políticas sociais e culturais, nesta súa primeira obra exterioriza a súa ansia de visualizar o mundo doutro xeito. Entre os seus referentes políticos e feministas atópanse Carme Chacón, José Luis Rodriguez Zapatero, Carmela Silva, Pepe Mújica, Rosa Gomez Limia, María Xosé Porteiro, Laura Seara e Carmen Cajide. No plano literario toma como referencia a Montse Fajardo, Baldo Ramos, Inma López Silva e Almudena Grandes.