Evento: Francesco Tonucci

Francesco Tonucci
venres, 28 febreiro, 2020 - 00:00
Auditorio del Pazo de la Cultura,
Pontevedra

Francesco Tonucci

Conferencia do pensador, psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci.

Realizou estudos de pedagoxía  na Universidade Católica do Sacro Corazón de Milán. Con 28 anos recibiu unha distinción nese campo e empezou a satirizar a realidade da escola a través do nome de ?Frato?, nome que xorde ao fusionar as primeiras sílabas do seu nome.

Traballou como mestre e, en 1966, converteuse en investigador no Instituto Psicolóxico do Consello Nacional de Investigación, do que máis tarde presidiu o Departamento de Psicopedagoxía, que leva adiante o programa de educación ambiental. O obxectivo deste programa é crear unha base de datos "para e polos nenos". As súas investigacións céntranse no desenvolvemento cognitivo dos nenos, o seu pensamento, o seu comportamento e a relación entre a cognición dos nenos e a metodoloxía educacional. En 1991  levou a cabo no seu pobo natal o proxecto de Ciudad dos Nenos, consistía en facer unha cidade cuxo punto de referencia sexan os nenos. O proxecto tivo moito éxito e estendeuse a distintos puntos do mundo.

Xa en 1991  foi nomeado presidente do ?Comité Italiano de Televisión e Menores?, comité que pretende a protección dos nenos. Tamén é colaborador da Cidade da Ciencia de Nápoles  para ?O taller dos pequenos? e colaborador científico do proxecto ?O museo dos nenos?, de Roma. Foi nomeado profesor honoris causa da Facultade de Ciencias da Educación da Pontificia Universidade Católica de Lima (Perú) e na Universidade de Lérida no 2016

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense