Evento: Sóame a chinés
Sóame a chinés
luns, 3 febreiro, 2020 a sábado, 15 febreiro, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Sóame a chinés
Mostra bibliográfica infantil
Mostra de libros chineses vinculada á programación da V Semana da cultura chinesa na biblioteca, ciclo de actividades do 5 ao 7 de febreiro, organizada pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan, (阿塞屈原) e coordinada por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación, e Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联).
Pódese visitar na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Ligazóns