Evento: A fraga do meu avó
A fraga do meu avó
A fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras, e moitas árbores que sempre deron moitísimo mais que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, o mito, o peto real, a estreliña do norte, o paporroibo real, a curuxa,…
E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo,…
Sempre se chamou a fraga dos Mosqueira, pois así era o apelido do avó de Gloria Mosquera. Alí ían coller toxos para estrar as cortes, algún bidueiro para facer zocos, algunha xilbarda para facer escobas e cando estaban cansos e sedentos, bebían a auga fresquiña da fonte que sanaba o cansanzo e mais as penas. Moita xente achegábase á fraga para recoller herbas que tan só había alí: a herba de San Xoán, o xantén, unlla de gato,…, porque o que non curaban as herbas, o curaba o paseo de ir por elas.
Agora a fraga está rodeada de eucaliptos e xa houbo varios fraguistas que tentaron mercala para talar as árbores e replantar.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
