Evento: III Encontro de Escritores de Iria Flavia

  • Medalla Premio Nobel
III Encontro de Escritores de Iria Flavia
martes, 19 novembro, 2019 a mércores, 20 novembro, 2019
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela,
Padrón

III Encontro de Escritores de Iria Flavia

No marco do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Camilo José Cela, celebra o III Encontro de Escritores de Iria Flavia, coordinado pola escritora e crítica literaria Care Santos. Trátase dunha cita na que autores, literatura e vangarda uniranse no marco do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego.

As instalacións da Fundación acollerán diversas mesas redondas, moderadas polo catedrático de Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo Vázquez, e polos xornalistas Ernesto Sánchez Pombo, Laura Revuelta, Sergio Vila-SanJuán e Blanca Berasátegui, e nas que participarán unha vintena de escritores como Antonio Álamo, Ledicia Costas, Xosé Carlos Carneiro, Estíbaliz Espinosa, Carlos Castán ou Lucía Etxebarría, entre outros.

 

Programa do III Encontro de Escritores de Iria Flavia

Martes 19 de novembro

10.30 h. Inauguración do encontro.

11.00 h. Mesa redonda moderada por Adolfo Sotelo: A novela flúe do fondo do pozo da traxedia. Con Lorenzo Silva, Óscar Esquivias, Care Santos.

12.45 h. Mesa redonda moderada por Ernesto Sánchez Pombo: Do monte Meda ao río do arzobispo. Con Manuel Loureiro, Ledicia Costas, Estíbaliz Espinosa, Xosé Carlos Caneiro e José Antonio Ponte Far.

17.00 h. Mesa redonda moderada por Laura Revuelta: A irmandade das artes. Palabras cruzadas. Con Gloria Méndez, Antonio Álamo, Josan Hatero.

 

Mércores 20 de novembro

10.30 h. Mesa redonda moderada por Sergio Vila-Sanjuan: Literatura e mercado editorial, como chegar aos lectores? Con Carlos Castán, Ángela Vallvey e Luis García Jambrina.

12.15 h. Mesa redonda moderada por Blanca Berasátegui: Os elixidos de Cela, 30 anos despois. Que escriben, que leen, que lamentan. Con Lucía Etxebarría, Blanca Riestra e Toni Montesinos.

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense