Evento: Presentación poemario 'Lobo come lobo'
Presentación poemario 'Lobo come lobo'
venres, 22 novembro, 2019 - 20:15
Biblioteca Escuela Municipal Artes y Oficios (EMAO). Rua García Barbón, nº5,
Vigo Presentación poemario 'Lobo come lobo'
O evento será unha performance poético-musical
A presentación do poemario 'Lobo come lobo', de Rafael López Vilas (O Lobo está aquí, trasunto poético do autor), publicado por Versátiles Editorial, terá lugar o vindeiro venres 22 de novembro.
O evento estará conducido por Fernando Romaní Franco, e durante o recital, no que se lerán algúns poemas do libro, o autor estará acompañado polo cantautor madrileño radicado en Compostela, Tato López, para levar a cabo unha performance poético-musical.
A entrada será libre.
Colaboran a Escola Municipal de Artes e Oficios, a Concellería de Educación Concello de Vigo e Versátiles Editorial.



