Evento: Compostela: xentes e lugares

Compostela: xentes e lugares
venres, 2 novembro, 2018 a venres, 30 novembro, 2018
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Compostela: xentes e lugares

Mostra bibliográfica

Este mes dedicamos unha mostra ás xentes e lugares de Compostela para recordar a historia da nosa cidade e potenciar o patrimonio local.

A mostra forma parte dunha programación centrada en Compostela xunto co Concurso de Roteiros Literario Virtuais por Compostela e a charla Lugar ben edificado: unha viaxe no tempo polos oficios que construíron Compostela de Mercedes Gualteria Pintos Barreiro, baseada nos personaxes do libro Picheleiros, debuxados por Xulio Gayoso.  Ademais, o salón de actos decórase para a ocasión coa exposición Picheleir@s, que, promovida polo Consorcio de Santiago, inaugurouse no ano 2014 con grande éxito. Esta mostra recolle a maioría de oficios e profesións que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade en 30 bandeirolas de gran colorido que mostran a un persoeiro real, cun oficio particular, e que se situaron na fachada dos edificios nos que viviron ou traballaron. 

A mostra pode visitarse no vestíbulo da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona